O ecoturista exemplar

Ser un ecoturista exemplar é desfrutar da natureza, coñecela e contemplala dunha forma responsable, sen alterar o medio natural.

Cando visitamos calquera entorno natural, é esencial que evitemos deixar pegadas innecesarias, minimizando así o impacto humano. Cada pequena acción conta, e é responsabilidade de todos actuar de forma sostible para protexer a natureza que nos rodea.

Adopta unha mentalidade ecoturista: planifica a túa visita e infórmate

Sé consciente da importancia do teu papel activo como visitante do Parque, xa que con este enfoque contribúes á conservación das Illas Atlánticas e a súa biodiversidade.

Para iso, antes de realizar a túa viaxe, planifica a visita e infórmate sobre todos aqueles aspectos que condicionen a túa estancia nas illas: época, transporte, accesos, servizos, actividades… hai que ser consciente das nosas accións e decisións mentres exploramos destinos turísticos, promovendo prácticas que minimicen o noso impacto ambiental e fomentando o coidado e preservación dos ecosistemas.

Ao adoptar unha mentalidade ecolóxica, convertemo-nos en defensores da biodiversidade e comprometémonos a desfrutar da beleza natural de forma responsable, deixando unha pegada positiva en cada lugar que visitamos. É a mellor maneira de deixar este legado para as xeracións futuras.

Aprender sobre a biodiversidade e comprender os ecosistemas das illas é outra maneira de axudar á súa preservación. Compartir estes coñecementos cos demais tamén axuda a fomentar a conciencia e o respecto polo entorno natural.

Inspirar aos demais

Cando xa adquiriches o enfoque ecoturista, recorda que incluso as accións máis pequenas poden inspirar a outros visitantes a respectar e coidar da natureza. A través dos teus comportamentos, podes educar ás xeracións máis novas sobre a importancia de protexer o noso planeta e a súa biodiversidade.

Cómo actuar

Recolle os teus residuos

Nas illas non hai colectores de lixo, polo que é esencial que sexamos responsables cos residuos que xeramos para protexer a beleza natural do Parque e garantir a seguridade dos animais que nel viven. Ademais de evitar danos nos diferentes hábitats das illas, se os animais inxeren alimentos humanos ou sustancias danosas como plásticos, poden enfermar ou incluso volverse agresivos.

Por iso, é fundamental que sexamos responsables cos nosos residuos e levémolos connosco.

Minimiza o ruído

O ruído pode ser danoso para a vida silvestre, especialmente para as aves que nidifican e descansan nas illas. Os ruídos fortes e repentinos poden espantar aos animais e afectar o seu comportamento, alimentación e reprodución. Ademais, pode arruinar a experiencia de outros visitantes que buscan desfrutar da tranquilidade e da beleza natural das illas.

Protexe os ecosistemas mariños

Durante a nosa visita debemos evitar danar a vida mariña. Non se permiten nin a pesca deportiva nin a pesca submarina e actividades como o submarinismo ou o mergullo deben practicarse de forma responsable. Non debemos colleitar cunchas, pedras nin restos de fauna mariña como recordo (como mexillóns, lapas, bígaros, etc.), xa que tamén teñen un papel fundamental no mantemento do equilibrio dos ecosistemas e a súa ausencia pode alterar a biodiversidade das illas.

Coidado cas cremas solares e os repelentes de insectos cando nos bañemos: os seus compoñentes químicos non se degradan facilmente e poden permanecer na auga durante moito tempo, danando o ecosistema acuático e os organismos que o habitan. Opta sempre por opcións biodegradables e respectuosas co medio ambiente.

Respeta as zonas protexidas

Para asegurar o futuro das illas, é fundamental que camiñemos só polos camiños sinalizados e evitemos as zonas de reserva e especial protección.

A nosa seguridade e a conservación dependen diso.

Respeta a fauna e a flora

As illas son o lugar de vida das especies que albergan e, como tal, debemos respectalas e coidalas.

A fauna que habita nas Illas Atlánticas representa un patrimonio natural irremplazable. É importante manter unha distancia segura, xa que os animais salvaxes poden ser imprevisibles se se senten ameazados. Tampouco debemos tocalos, alimentalos nin capturalos, xa que alteramos o equilibrio natural dos ecosistemas.

As flores e os froitos son necesarios para o desenvolvemento das plantas e para a alimentación de moitos animais, polo que debemos coidalos. Para manter a súa diversidade, é fundamental que evitemos arrincar, cortar ou pisar as plantas e flores.

Cumpre a normativa do parque

Antes de realizar a visita, é importante consultar a normativa do parque.