ACTIVIDADES DE CONCIENCIACIÓN

Para poñer en valor este espazo protexido, realizase un importante esforzo en divulgar información e concienciar ao público a través de distintos formatos. Entre outras actividades, realízanse:

Visitas guiadas. Durante os meses estivais e a Semana Santa, pódense realizar rutas guiadas en Cíes e Ons con guías propios do Parque Nacional. Ademais, fóra da tempada alta, levan a cabo as rutas de primavera “Descubrindo o Parque Nacional”, tamén cos guías do parque e con grupos reducidos para ofrecer a máxima calidade de visita. Podes consultar as rutas programadas e apuntarte na web www.reservasparquesnacionales.es ou na caseta de información de Cíes ou Ons o mesmo día da visita (até completar as prazas).

Actividades asistidas por guías do Parque Nacional: Poden solicitalas as entidades sen ánimo de lucro, e inclúen diversas actividades da man do equipo de uso público do parque nacional, formado por seis guías intérprete. Deste xeito, pódense solicitar visitas guiadas, charlas divulgativas, etc. A solicitude deste servizo realízase mediante formulario e fóra da tempada de atención en illas (Semana Santa e do 15 de maio ao 15 de setembro).

Charlas e talleres de carácter divulgativo no Centro de Visitantes do Parque Nacional en Vigo, noutros centros ou nas illas. Con estas actividades celébranse días conmemorativos como o Día da Biodiversidade biolóxica, Día dos espazos protexidos, Día do Medio Ambiente… ou dedicadas a temas de interese como actuacións de recuperación de hábitats, entre outras.

Actividades educativas: O equipo de Uso Público do Parque Nacional deseñou actividades didácticas desde os ciclos de Infantil ata Secundaria, Bacharelato e Formación profesional. Poden ter lugar no Centro de Visitantes ou o equipo de guías do Parque pode desprazarse ata o centro escolar. Consulta as actividades didácticas dispoñibles e inscríbete para participar pinchando AQUÍ.

Programas formativos e xornadas de investigación:
Entre outras actividades, o Parque Nacional organiza xornadas formativas para o sector turístico e para profesionais da prensa ou de divulgación en redes, así como unhas xornadas de investigación onde se informa ao público dos proxectos realizados ou en marcha para a conservación do parque.

Actividades de voluntariado: Existen programas de voluntariado como os enfocados á recuperación dos ecosistemas mariños (Programa Preamar); os campamentos e campos de voluntariado, que colaboran en actividades de sensibilización ambiental para o visitante de maneira recreativa e motivadora; o voluntariado ambiental da Xunta de Galicia ou o voluntariado en parques nacionais. Para máis información, accede a https://illasatlan- ticas.gal/es/voluntariado-en-el-parque.

Centro de visitantes do Parque das Illas Atlánticas en Vigo.
Participantes en actividades de divulgación e concienciación do Parque. Foto do Arquivo do Parque Nacional